martes, 3 de marzo de 2015

Apoyo de partidos políticos

Os informamos de dos iniciativas en contra de los despidos que han llevado a cabo Esquerda Unida Vigo y AGE.

Esquerda Unida ha denunciado los despidos ante el Consello local de Vigo.. os ponemos la nota que escribieron:

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA OS DESPEDIMENTOS QUE NO DÍA DE HOXE NOTIFICOU A DIRECCIÓN DE POVISA A 13 TRABALLADORAS/ES

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera este anuncio, outro exemplo do abuso que esta empresa está exercer en todos os ámbitos e exixe ao Sergas que os parámetros de calidade asistencial que aplica aos centros públicos sexan tamén aplicados con povisa, xa que no orzamento autonómico deriva varios millóns de euros a este hospital.

10 celadores e 3 do arquivo son as primeiras persoas despedidas despois da retirada do ERE por parte da empresa. mentres que o persoal de arquivo desaparece, as tarefas dos celadores serán asumidas por auxiliares de enfermería, MERMANDO, TODAVÏA MAIS; A CALIDADE ASISTENCIAL DE POVISA no tocante ao ratio de persoal sanitario por número de camas.

Esquerda Unida considera que o servizo sanitario dun área tan importante como a de Vigo, non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial. Rubén Pérez considera que, un hospital que forma parte da rede hospitalaria do Sergas, non pode ser moeda de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de sociedades pensadas para a evasión fiscal como as SICAV´S que a familia Silveira atesora.

Consideramos estes despidementos un ERE encuberto, ao ter retirado o ERE extintivo plantexado fai unhas semanas, pola imposibilidade de xustificar o último exercicio fiscal, e non poder aportar a documentación exixida por lei, e, neste caso, polo comité de empresa dentro da negociación do expediente. Esta imposibilidade ven dada, ademais de pola complicidade do goberno da Xunta de galicia, a través do sergas, polos beneficios obtidos por esta empresa, a costa do desmantelamento sistemático da sanidade pública.


Y el grupo parlamentario AGE presentaron dos enmiendas a la proposición no de Lei nº 32933 del Grupo Parlamentario Mixto. os pasamos el texto íntegro:

O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA_ANOVA), ao traverso do seu voceiro e á iniciativa da súa deputada, Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara presenta as seguintes emendas á Proposición non de lei nº 32933 (09/PNP-002424) do Grupo Parlamentar Mixto "sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co concerto sanitario asinado polo SERGAS con POVISA e as medidas de extinción de emprego previstas pola Dirección do centro".

Emenda nº1 de engádega:

Engadirase un novo punto co seguinte texto:

"4.- Esixir a POVISA en base ao concerto que mantén co SERGAS que non efectúe ningún despedimento máis de acordo coas necesidades de persoal actuais mentres dure o concerto subscrito."

Emenda nº2 de engádega:

Engadirase un novo punto co seguinte texto:

"5.- Velar polo mantemento dos dereitos das traballadoras e traballadores recollidos no convenio colectivo vixente en tanto en canto poden afectar á calidade asistencial do centro."


Desde la CGT queremos agradecer a EU y a AGE el apoyo que estamos teniendo así como agradeceremos el apoyo de cualquier trabajador/a, colectivo o partido político que nos ayude a parar estos despidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.